Eventos
Eventos
Buscador
27/03/2018 19:00
Neste taller veremos como montar un NAS para compartir a nosa información en rede, almacenar copias de seguridade, centralizar as descargas, compartir documentación, etc.. Explicaranse as funcionalidades engadidas das que se pode dispoñer e publicaremos a información que nos interesa na internet para facela accesible desde calquera localización. Índice de contidos Que é un NAS? Para que serve? Como funciona? Que funcionalidades ten? Distribucións NAS gratuítas O obradoiro será impartido por Francisco Lorenzo Castro, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas, pola Universidade da Coruña e Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de "Seguridade Informática" e "Sistemas Virtualizados"; levando máis de dez anos no sector da virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
27/03/2018 19:00
Neste obradoiro móstranse as pautas para retocar as imaxes para páxina web e redes sociais desde o teléfono móbil . Ademais veremos como mellorar o momento da captura da imaxe para ter arquivos de maior calidade no retoque. Usaranse ferramentas gratuítas dispoñibles para iOs e Android: SnapSeed e Polarr Photo Editor. É necesario telas instaladas previamente para poder realizar as prácticas deste obradoiro. Índice de contidos • Introdución: débese retocar? • Axudemos ao noso móbil para conseguir un bo arquivo para retocar. • Práctica: Fotografar un bodegón co móbil. • SnapSeed : Ver o histograma e entendelo. • Axustar a imaxe valorando o histograma ( luz, contraste , sombras..) • Transformar a imaxe ( cortar, dar relación de aspecto e rotar ) • Corrección de imperfeccións coa ferramenta tirita. • Edición puntual , o segredo dun bo retoque. • Gardar arquivo editable e arquivo final. • Polarr Photo Editor : exportar a un tamaño preestablecido e engadir marca de auga nas nosas fotografías. O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
28/03/2018 19:00
Este obradoiro impartirase no Viveiro de Empresas da Estrada Dirixido a empresarios e empresarias de pequenas e medianas empresas, persoas emprendedoras e autónomos, que desexen aprender a empregar as ferramentas necesarias para crear o seu primeiro sitio web e profundar no mundo do deseño, desenvolvemento e xestión dunha web co CMS Wordpress. Índice de contidos • Instalación de WordPress • Administración da web. • Configuración básica. • Manexo dos temas. • Engadir entradas ó blog. • Engadir páxinas á web. • Xestión de menús. • Xestión de plugins. • Xestión de widgets. • Xestionar comentarios. O obradoiro será impartido por Ángel Garrido, Técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, seo, sem, analítica, redes sociais e branding con máis de 4 anos de experiencia en asesoramento TIC