Eventos
Eventos
Buscador
04/12/2018 19:00
Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio. Índice de contidos: • Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces • Termos máis usados no deseño gráfico • Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe. • Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes. • Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual. • Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños. • Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños. • Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa) • Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com) O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
04/12/2018 19:00
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste obradoiro daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Índice de contidos: Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? Uso persoal vs. uso profesional Aspectos a ter en conta Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido por José Luis Penas, Enxeñeiro Técnico Informático, Título de Metodoloxía Didáctica, con experiencia en formación e no asesoramento e creación de páxinas web e deseño gráfico.
05/12/2018 19:00
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste obradoiro daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Este obradoiro impartirase no viveiro de empresas de A Estrada Índice de contidos: Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? Uso persoal vs. uso profesional Aspectos a ter en conta Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
11/12/2018 17:00
Que é unha impresora 3D?. para que serve, que podemos facer… Un pouco de historia, movemento REP RAP, sistemas de impresión 3D Aspectos técnicos dunha impresora 3D Obtención de modelos Software de laminación CURA Impresión practica Técnicas de postproducción Uso real nas pemes Mantemento básico O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
11/12/2018 17:00
Imos coñecer a técnica coñecida como Bokeh, que consiste no efecto óptico mediante o cal enfocamos ben o elemento principal e deixamos o resto dos elementos desenfocados, normalmente luces desenfocadas, resultando por ela unha técnica práctica para conseguir que as túas fotos resalten este nadal. Índice de contidos: - Que é o bokeh? - Como se consegue ese desenfoque? - Bokeh con smartphones - Mellora a túa composición utilizando esta técnica - Bokeh con formas, que necesito? O obradoiro será impartido por Uxía Alvarez fotógrafa e xestora de redes sociais, especializada en fotografía de produto, estilismo fotográfico e fotografía enfocada a redes sociais.
11/12/2018 17:00
Os dispositivos móbiles veñen de substituír ao ordenador nas nosas preferencias de navegación e interacción na internet e o seu uso segue avanzando. O márketing móbil ou mobile marketing debe por tanto estar presente na estratexia de comercialización das empresas turísticas. Esta tecnoloxía brinda moitas oportunidades aos pequenos negocios turísticos facéndoos máis competitivos a través dunha conexión directa, actualizada y xeolocalizada co turista. Índice de contidos: . Introducción. . Qué é o Mobile Marketing? . Ferramentas do marketing móvil. . Consellos e trucos prácticos para o marketing móvil. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
A través deste obradoiro, o que se busca é mellorar o coñecemento dos usuarios sobre os conceptos de segmentación así como do " buyer persoa" ou cliente ideal. Tamén, preténdese que os asistentes, emprendedores ou pequenos empresarios, potencien a utilización da segmentación como estratexia de márketing, axudándolles, ademais, con exemplos reais. Índice de contidos: 1. Segmentación: - Conceptos básicos. - Obxectivos - Como segmentamos? 2. Buyer persoa ou cliente ideal - Que é? - Para que serve? - Como se localizan? - "Buyer Journey" O obradoiro será impartido por Diego Fraga Casariego, Enxeñeiro electrónico pola Universidade de Vigo e con experiencia en aspectos relacionados coa xestión de proxectos, equipos e márketing online ademais de desenvolvemento web. Na actualidade, desempeña o cargo de director técnico e márketing strategist en Tamarino. web & márketing.
11/12/2018 19:00
O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
11/12/2018 19:00
Este obradoiro ten como principal obxectivo orientas a pymes e autónomos na adopción das súas primeiras ferramentas para a xestión dos procesos de facturación, relación con provedores e procesos da empresa. Durante o obradoiro, explicarase en que consiste cada unha de estas ferramentas, e falarase de varias posibilidades gratuítas para autónomos e micropemes. Índice de contidos: • Necesidades de autónomos e micropemes • Definicións • Ferramentas gratuítas • Caso practico O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
11/12/2018 19:00
Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos: • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 Seguinte
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento