Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

O obxectivo deste obradoiro é aproveitar ao máximo as ferramentas de márketing en liña que temos ao noso alcance para adaptalos a novas experiencias turísticas. Tamén sacaremos o maior rendementos ás estratexias de comunicación existentes para lograr ser máis eficaces á hora de deseñar unha marca turística.

Os puntos a tratar son os seguintes:

1) Marca turística
2) Comunicación eficaz
3) Estratexias de comunicación
4) Márketing en liña en turismo

O taller será impartido por Mariana Rosa, Técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e Graduada en Turismo, que conta cunha gran experiencia no ámbito da comunicación turística e os seus beneficios para este sector.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
O obxectivo deste obradoiro será dar a coñecer a relevancia e o peso que están a tomar a impresión 3D e a Robótica nas PEMES e o que SmartPeme esta facendo para facilitar o acceso a estas tecnoloxías a Pemes, autónomos ou profesionais.

Contido:
1. Introdución, industria 4.0
2. Tendencias da Impresión 3D na industria
3. Tendencias da Robótica na industria
4. SmartPeme Barro-Meis

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.


QUE É SC E PARA QUE SERVE?
ALTA EN SEACH CONSOLE
PRINCIPAIS FERRAMENTAS
ÍNDICE DE COBERTURA
INFORME DE MELLORAS
SEGURIDADE E ACCIÓNS MANUAIS
OUTRAS FERRAMENTAS

O obradoiro será impartido por Jano Llorca, Consultor SEO en Redegal, Webmaster e experto en posicionamento orgánico internacional de grandes contas.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro aprenderemos a utilizar unha cámara réflex no seu modo manual, sacarlle o maior rendemento dependendo da luz externa que teñamos ou que podamos conseguir no momento de fotografar.
Coñecementos básicos para comezar coa nosa cámara, poderás traer a túa propia cámara para probar diferentes modos, os parámetros e facer probas no momento de realizar o taller.


ÍNDICE
1. Partes dunha cámara réflex.
2. Exposición e fotómetro da cámara.
3. Parámetros manuais da cámara.
4. Modos principais e as súas funcións: P-A- S-M.
5. Opcións do obxectivo: ZOOM, AF – MF.
6. Obxectivos e as súas especificacións.
7. Resultados segundo a luz exterior.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Obradoiro telemático a través de Zoom

Google Analytics é unha potente ferramenta na que podemos obter datos relativos ás visitas realizadas ao noso sitio web. Conta con informes predeterminados nos que visualizar esta información, pero tamén permite modelar devanditos datos e presentalos de forma personalizada. Neste taller aprenderemos a obter os nosos propios informes e cadros de mando a través de Google Analytics.

- Introdución a Google Analytics
- Informes personalizados
- Paneis personalizados
- Deseña o teu cadro de mando según a tipoloxía da túa web

O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A xerarquía dentro dun deseño é o orden e a importancia de certos elementos fronte a outros, isto quere dicir que segundo o que queramos comunicar a través dun deseño temos certos métodos de facer ca nosa visión dirixase a onde queramos, creando un camiño visual a través do deseño que creamos.
A xerarquía está presente en todo tipo de deseños, dende a papeñería de empresa,deseño de envases, tarxetas de visita, ata publicacións de redes sociais e estructuras de páxinas web.
Neste obradoiro veremos que métodos podemos utilizar para xerar máis atención visual e analizaremos deseños para poder aplicalos despois aos nosos propios deseños.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Obradoiro telemático a través de Zoom

Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos tratará de mostrar os pasos necesarios a seguir para que unha idea se converta nun negocio. Veremos a importancia de xerar unha marca rodeada de valores que nos fagan únicos e identificables no mercado e como seguir unha estratexia para alcanzar o noso obxectivo. Tamén veremos a importancia de atender a unha serie de consideracións iniciais para minimizar os riscos.
Contidos:
• Definir o modelo de negocio
• Branding
• Ferramentas para usar
• A estratexia de contido
• Análise dos resultados
• A comunidade e a miña reputación en liña

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
23/09/2020 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom.

1. Axudan as redes sociais a posicionarse en Google?
2. Mellores redes sociais
3. Tipos de contenido para mellorar o SEO
4. Casos reais
5. Conclusións

Sabías que as redes sociais poden axudarche a mellorar o posicionamento SEO da túa páxina web? Google cada vez ten máis presente outras fontes de tráfico para posicionar no seus resultados de búsqueda.

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom

Obxectivo
"Concienciar ao usuario de que existe un perigo real de sufrir un ciberataque, que medidas básicas debemos adoptar, proposta do uso dunha VPN gratuíta e asesoramento en configuración."

1. Ciberataques, que é un ciberataque.
2. Mapa mundial de ciberataques.
3. Obxectivos dos ciberdelincuentes.
4. Como podemos protexernos.
5. VPN gratuítas.
6. Configuración de Proton VPN.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom

Índice
1. Márketing viral, que é?
2. Tipos de márketing viral
3. Beneficios
4. Como crear unha campaña viral
5. Elementos do márketing viral

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Anterior  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98  99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162  Seguinte

Calendario eventos

« Xuño 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30