Eventos
Eventos
Buscador
Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles. Índice de contidos • Importancia dunha imaxe de marca en internet • Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións) • Introdución ás redes sociais. • Técnicas especializadas para aumentar seguidores • Imaxe e reputación en internet • Ferramentas do día a día • Publicidade en redes sociais O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
20/09/2017 19:00
Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados. Índice de contidos • A nube: concepto e analoxías • Por que almacenar na nube? • Vantaxes e desvantaxes • Dropbox • Vinculación de conta • Google Drive • OneDrive • Box O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
21/09/2017 18:30
Con motivo da participación de SmartPeme en Pont-Up Store realizarase no centro de Pontevedra unha xornada na que se presentarán as distintas inciativas de emprendemento e impartirase un taller formativo. 18.30 - 19.00: Presentación das iniciativas da Deputación en materia de emprendemento. 19.00 - 21.00: Imos chamar á porta dos teus clientes: Posicionamento SEO Curso básico sobre conceptos de web, enfocado na importancia dunha páxina profesional e os seus beneficios como empresa e o seu correcto posicionamento na internet a través de técnicas gratuítas. Contidos: • Internet • Dominios,aloxamento... • Para que podo utilizar un dominio • .com vs .es e outras extensións • Presenza na internet • Beneficios • Como o logramos? • Técnicas de SEO • Posicionamento interno • Posicionamento externo • Penalización en motores de procura O taller será impartido por Rafael Yáñez, técnico de sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experiencia na implantación TIC a empresas.
21/09/2017 19:00
Este obradoiro informativo está orientado a autónomos e micropemes, co obxectivo de que coñezan mellor a importancia das redes sociais e de como poden mellorar o seu negocio, xa que estas son unha canle de comunicación que serve para proxectar unha imaxe positiva e próxima da nosa marca, produtos ou servizos e permiten establecer relacións e sinerxías con provedores, clientes e, por que non, coa competencia, ademais de ofrecer outras moitas vantaxes, que tamén se tratarán aquí. Índice de contidos • As redes sociais • Usando as redes sociais: Facebook, Twitter, Google My Business, Youtube, Linkedin. • Creando o seu propio blog • Traballando con RRSS O obradoiro será impartido por Lorena Penas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e Máster en Comunicación polo Instituto de Medios Sociais de Santiago de Compostela, con máis de 3 anos de experiencia vinculada ao márketing dixital.
21/09/2017 19:00
Neste taller aprenderás as cuestións básicas para fotografar un vehículo cun móbil ou unha cámara profesional en modo manual. Coñecerás tamén que hora do día é a mellor para fotografalos así como o proceso dixital para eliminar brillos. Na fase final do taller aprenderase como adaptar a imaxe a formato web e deste modo mellorar a súa visualización e carga unha vez publicada. Índice de contidos Preparar o vehículo para a sesión fotográfica. Coñecementos básicos de fotografía para o móbil e cámara profesional. A localización ¿Que fondo usar para que o coche destaque? O foto reportaxe ¿Cantas fotografías tomar e que planos usar para describir un vehículo? Os mellores momentos do día e por que. Que é o raw , e por que é necesario. Retoque dixital – Horquillado e HDR para mellorar a exposición Preparación de la foto para subila a internet. Práctica. O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
22/09/2017 19:00
Este taller ten como obxectivo mostrar as comodidades e vantaxes da factura electrónica que xa é unha alternativa legal á factura tradicional en papel. Ao ser en formato electrónico, permítenos automatizar o proceso de facturación facilmente, o que nos vai a economizar e axilizar a xestión, mellorando incluso o proceso de cobro. Permitiranos economizar: tempo, papel, espazo de almacenamento, etc.; aumentando a competitividade da nosa empresa, dando unha mellor imaxe e servizo aos nosos clientes. Índice de contidos • Que é unha factura electrónica? • Normativa da factura electrónica. • Novidades 2015: Administración Pública e actividade privada. • Obrigacións do emisor dunha factura electrónica. • Obrigacións do receptor dunha factura electrónica. • Vantaxes da facturación electrónica. • Que formato débese usar para a factura electrónica? • Xerando unha factura electrónica. • Preguntas frecuentes sobre a factura electrónica. O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
22/09/2017 19:00
Neste taller veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Periscope, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos. Índice de contidos • Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia • Youtube • Periscope • Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc. • Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
25/09/2017 19:00
Este obradoiro ten como obxectivo dar a coñecer diversas ferramentas de xestión e monitorización para as diferentes redes sociais nas que teña presenza a empresa. Estas ferramentas permiten a optimización de recursos e fan máis sinxela e eficiente a execución do plan de redes sociaisda empresa. Analizarase en profundidade a ferramenta Hootsuite, unha das más populares en la gestión unificada de varios perfiles de empresa, ademais de ferramentas específicas con particularidades para cada rede social. Índice de contidos • Introdución: Necesidade de ferramentas de xestión e as súas características • Ferramenta de xestión unificada: Hootsuite • Funcionalidades • Comeza a utilizar Hootsuite coas túas redes sociais O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce
27/09/2017 19:00
Con 11 millóns de usuarios en España, Twitter en unha gran ferramenta para ampliar a túa rede de contactos e chegar aos teus clientes potenciais, creando una conversa arredor dos teus produtos e servizos, do mesmo modo que o fan as grandes empresas. Neste taller descubriras esta rede social e poderás ter unha visión certeira de se e unha ferramenta adecuada para o teu negocio e como che pode axudar a atraer o teu publico obxectivo. Índice de contidos • Qué e Twitter y cales son as súas utilidades • Creación y configuración da túa conta • Primeiros pasos • Glosario de termos • Estratexia en Twitter para o teu negocio • Twitter Analytics • Casos de éxito O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
27/09/2017 19:00
Este obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar e facilitar ferramentas e solucións TIC coas que promover a empresa como imaxe de marca, así como os seus produtos ou servizos. Valoraremos ferramentas que lles facilitan ós seus clientes actuais e futuros un acceso rápido á información sobre a nosa empresa, os seus produtos, servizos, promocións e novidades, permitindo o engagement coa nosa marca e as conversións. Índice de contenidos • Introdución: mercadotecnia dixital • Mercadotecnia sectorial • Mercadotecnia viral • E-mail marketing • Publicidade O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- O teu plan de márketing dixital paso a paso12 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento