Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real.


Contido:
1. Que é Google Data Studio?
2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio
3. Coñecendo o editor de Google Data Studio
4. Crear informes a partir dun persoal
5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF
6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Os Linktrees son unha boa ferramenta para dar a coñecer moitos ámbitos do noso negocio dixital, con Canva podemos personalizalo ao noso gusto, e seguindo a nosa identidade de marca, cos botóns que queiramos e de maneira moi sinxela. 

Índice:

1-	Que é un Linktree
2-	Partes dun Linktree
3-	Aplicacións para crear Linktree
4-	Pasos para crear o teu Linktree con Canva
5-	Aplicar o meu Linktree a Instagram.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de obradiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

"Ciberseguridade, Ransomware e suplantación de identidade", o obxectivo deste taller é dar a coñecer o Ransomware, en que consiste, como afecta. A suplantación de identidade é un tipo de ciberataque que esta crecendo en en popularidade e adopta multiples formas e aprovéitase das distintas circunstancias que se producen en cada territorio.

Índice de contido

- Que é o Ransomware.
- Que é a suplantación de identidade.
- Como protexernos

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

No mercado actual, ante o incremento da competencia a nivel global, debemos contar con negocios “cliente-céntricos”, é dicir, poñer ao cliente no centro da nosa estratexia.

A xestión da relación cos clientes (Customer Relationship Management ou CRM) ofrece múltiples beneficios ás organizacións, permitíndolles xestionar o seu compromiso continuo e a interacción con clientes, clientes potenciais e socios estratéxicos. Os software CRM permiten realizar un seguimento exhaustivo e automatizar procesos, de forma que podamos achegar unha experiencia personalizada a cada un dos nosos clientes potenciais e clientes. Neste obradoiro aprenderemos como implementar o concepto CRM na nosa filosofía de traballo e como os software CRM axúdannos nesta tarefa.

Índice:

1.	Marketing relacional
2.	O concepto CRM
3.	Que é e como elixir un software CRM
4.	Exemplos de software CRM

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obradoiro telemático a través de Zoom

Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tareas.

En mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións I tratarase:

1) Teletraballo e produtividade

2) Trello

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.	
Obradoiro presencial no Salón de Plenos do Concello de Moaña.

Aprende como crear e traballar a túa base de clientes con Excel para segmentar a túa clientela e establecer estratexias e medidas para tentar fidelizar aos seus clientes e que repitan para o próximo ano. 
A través deste obradoiro presencial de 2 horas aprenderemos a exportar e recompilar todos os datos dos teus clientes nun Excel para logo poder traballar sobre datos e realizar campañas e ofertas con éxito. 
Ademais, veremos ideas para captar reservas directas sen pagar comisións.

Índice de contido:

1. Que é a Fidelización no sector turístico?
2. Requisitos e condicións para fidelizar
3. Estratexias para fidelizar á túa clientela
4. Segmentación de clientes
5. Crear e Exportar os teus datos a Excel

IMPORTANTE: asistir co teu computador persoal é conveniente para traballar sobre os datos do teu aloxamento. Necesitarás as claves das plataformas/programas que usas para alugar.

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha serie de catro obradoiros informativos sobre temas de máxima actualidade, todos teñen en común a tecnoloxía pola cal é posible que existan, a blockchain.
No primeiro destes obradoiros veremos en que consiste a tecnoloxía blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede.
No segundo obradoiro abordaremos o tema das criptomonedas, por que xorden e que podemos facer con elas, minado, trading, etc...
No terceiro desta serie de obradoiros falaremos da identidade dixital, en concreto do proxecto de identidade dixital da unión europea e como afecta isto directamente á xestión dos nosos datos. Falaremos tamén dos NFT, tentaremos achegar algo de luz sobre este tema, que son e para que serven.
Por último, no cuarto obradoiro abordaremos o tema do Metaverso, como intuímos que será, para que vai servir, estado actual de desenvolvemento e ademais visitaremos algún destes metaversos.

Índice:

1 Conceptos básicos.
2 Rede centralizada e rede distribuída.
3 Que é a Blockchain?
4 Internet do valor.
5 Token dixital.
6 Smart Contract.
7 Exemplos de uso.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Iniciamos unha nova serie de obradiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos de ter en conta, o formato é de 30 min máximo e unha frecuencia semanal para favorecer unha aprendizaxe fácil e progresiva.

“Ciberseguridade, uso dunha VPN”, o obxectivo deste obradoiro é o de fomentar o uso das VPN, porque debemos usar unha VPN, de que forma protéxenos o uso de VPN.

Índice de contido

- Que é unha VPN e para que serve.
- VPN gratuítas.
- Configuración de Protón VPN.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro mostraranse os pasos para dar á hora de crear a nosa páxina web desde 0.

Índice:
- Marca e obxectivos
- Dominio, CMS e Aloxamento
- Deseño
- Contidos
- Posicionamento

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tarefas.

En Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións II, tratarase sobre outras ferramentas de produtividade como: Evernote, Todoist, Toggl e Slack.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Anterior  1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140  141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162  Seguinte

Calendario eventos

« Xuño 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30