Evento
Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións II
Data Inicio: | 18/01/2023 11:00 | ||
Data Fin: | 18/01/2023 12:30 | Duración: | 1:30 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tarefas. En Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións II, tratarase sobre outras ferramentas de produtividade como: Evernote, Todoist, Toggl e Slack. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/qz7YsiMxuSgTwhK19 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse