Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio

Data Inicio:  24/01/2023 12:00    
Data Fin:  24/01/2023 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Chamamos Growth Márketing (que poderiamos traducir como Márketing de Crecemento) ao conxunto de técnicas e estratexias do márketing dixital orientadas a un crecemento sostido no tempo da nosa empresa ou proxecto, sempre en base ao estudo de datos e á metodoloxía ensaio/erro. Este concepto nace doutro similar, o Growth Hacking. Utilizando moitas veces os seus métodos, o Growth Márketing pon con todo ao usuario no centro, dentro dunha estratexia que busca resultados tamén a longo prazo. 

1-	Que é o Growth Márketing?
2-	Diferenzas entre Growth Márketing e Growth Hacking.
3-	Fases do Growth Márketing.
4-	Activos e estratexias participantes.
5-	Ferramentas
6-	Casos de Éxito

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Url do Evento: https://forms.gle/gtX1EiiiSLd3EPh56
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse