Evento
Blockchain, identidade dixital e NFT
Data Inicio: | 29/09/2022 12:00 | ||
Data Fin: | 29/09/2022 13:30 | Duración: | 1:30 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha serie de catro obradoiros informativos sobre temas de máxima actualidade, todos teñen en común a tecnoloxía pola cal é posible que existan, a blockchain. No primeiro destes obradoiros veremos en que consiste a tecnoloxía blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede. No segundo obradoiro abordaremos o tema das criptomonedas, por que xorden e que podemos facer con elas, minado, trading, etc... No terceiro desta serie de obradoiros falaremos da identidade dixital, en concreto do proxecto de identidade dixital da unión europea e como afecta isto directamente á xestión dos nosos datos. Falaremos tamén dos NFT, tentaremos achegar algo de luz sobre este tema, que son e para que serven. Por último, no cuarto obradoiro abordaremos o tema do Metaverso, como intuímos que será, para que vai servir, estado actual de desenvolvemento e ademais visitaremos algún destes metaversos. Índice: 1 Conceptos básicos. 2 Rede centralizada e rede distribuída. 3 Que é a Blockchain? 4 Internet do valor. 5 Token dixital. 6 Smart Contract. 7 Exemplos de uso. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/SLHW1CvoPs9SkHb26 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse