Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing turístico

Data Inicio:  10/05/2022 17:00    
Data Fin:  10/05/2022 18:30 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Os negocios turísticos só poden entenderse a través das relacións entre persoas, por iso é relevante, especialmente no mundo dixital, comunicarche cos teus clientes.
Este taller ten como obxectivo aprender como dar a coñecer a túa empresa, os teus servizos e valores mediante o correo electrónico.
Coñeceremos as vantaxes de utilizar esta técnica de Marketing, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado das mesmas.

Contido
• Introdución ao e-mail Marketing turístico.
• Como deseñar unha estratexia turística de e-mail Marketing
• Deseño do e-mail
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

Nivel: Básico - Iniciación

O taller será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital.
Url do Evento: https://forms.gle/JAq2XKpyNToAW97t6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse