Coñece as ferramentas de Google I

Data Inicio:  11/11/2021 18:00    
Data Fin:  11/11/2021 19:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Coñeces todas as ferramentas de Google?
 
Sabías que…?  Google ten un menú de aplicacións que che axudan a aumentar a túa produtividade e a do teu negocio. Neste taller coñecerémolas e veremos como aplicalas ao noso día a día e o do noso negocio. Teremos dous módulos que utilizaremos para navegar no basto mundo das aplicacións de Google, que son, para que as podemos utilizar e como usalas para impulsar os nosos coñecementos

•	Falemos de Google
•	Ferramentas de Google
•	Google en produtividade
•	Google en márketing
•	Google impulsa o teu negocio

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
Url do Evento: https://forms.gle/xhuX6rmk3bqqiRwr9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse