Evento
Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso
Data Inicio: | 11/04/2024 11:00 | ||
Data Fin: | 11/04/2024 12:30 | Duración: | 1:30 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O obxectivo deste obradoiro é dobre, en primeiro lugar, comentar que é un obradoiro experimental, realizarémolo desde a plataforma Horizon Workroms nunha contorna virtual. Horizon Workroms é unha ferramenta que permite realizar reunións, eventos de empresa de modo presencial representado cun avatar ou de modo telemático mediante a pantalla do dispositivo. Unha vez que se mostren as principais características da ferramenta faremos unha breve introdución ás Intelixencias Artificiais que son capaces de xerar imaxes ou textos completos a partir dunhas indicacións Text to Image ou Text to text, veremos neste sentido Dall E-2 e ChatGPT ou GPT3. É posible asistir a este evento de maneira virtual se o usuario dispón dun visor RV e unha conta de Workrooms, neste caso debe indicalo con antelación para incluílo na sala. Se non se dispón de visor RV pódese asistir como convidado desde o PC, non vale dispositivo móbil, para o que uns minutos antes do evento enviaráselle unha invitación. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/Bq2AWDrVziZm5LFk7 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse