Evento
CRO: Como mellorar as ventas da túa web
Data Inicio: | 18/12/2023 12:00 | ||
Data Fin: | 18/12/2023 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Tes un sitio web que os usuarios visitan, pero as solicitudes de orzamento, as chamadas, as vendas, non chegan ou son menos das esperadas. A nosa web ou tenda en liña é unha ferramenta para conseguir unha serie de obxectivos como profesional ou empresa. Se non os estamos conseguindo é necesario saber por que e como podemos solucionalo. Aquí entra en xogo o CRO ( Conversion Rate Optimization ou Optimización do Cociente de Conversión). Neste obradoiro analizaremos este concepto, saberemos identificar porqué os usuarios non converten no noso sitio web e aprenderemos técnicas básicas, pero infalibles, para transformar visitantes en clientes. O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/MeXT9Cy2duvi2VQN6 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse