Evento
Intelixencia Artificial, iniciación con robots
Data Inicio: | 14/12/2023 12:00 | ||
Data Fin: | 14/12/2023 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. A AI aplicada ao recoñecemento de imaxes é un dos campos de aplicación máis interesantes desta tecnoloxía. Iniciamos un novo itinerario formativo de Intelixencia Artificial cun formato mixto de tres talleres en liña e dúas prácticas presenciais no FAB LAB de Barro. O obxectivo deste novo itinerario é o de iniciarse nos procesos de clasificación de imaxes empregando unha rede neuronal –ResNet 18 – e unha placa de desenvolvemento Jestson Nano. Veremos en liña os conceptos necesarios e realizaremos 2 prácticas de 3 h. cada unha coa intención de que o usuario sexa capaz de configurar unha rede neuronal para as tarefas de clasificación de imaxes, recoñecemento de expresións faciais e o movemento autónomo dun robot de adestramento. Expedirase un diploma de asistencia ao itinerario para o cal será necesario asistir ao 100% dos talleres. 1. Robótica con sensores 2. Robótica con AI 3. Clasificación de imágenes para evitar colisiones 4. Regresión de imágenes para seguir un camino O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/eXDwF9Pi2zreoifC9 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse