WhatsApp Business para alugueiro vacacional

Data Inicio:  28/09/2023 17:00    
Data Fin:  28/09/2023 18:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
WhatsApp é unha das principales canles de comunicación dixital no noso país e tamén no mundo: máis de 2.900 millóns de persoas utilizan a App. É difícil atopar a alguén que non se comunique por este medio, pero poucas empresas turísticas están facendo uso de esta tecnoloxía para poder comunicarse cos seus clientes ou incluso como unha plataforma de reservas.

Neste obradoiro veremos as diferenzas que existen entre o WhatsApp Persoal e WhatsApp Business e principalmente as vantaxes que ten WhastApp Business para usalo como ferramenta de marketing no noso aloxamento Turístico.

Este obradoiro está orientado a persoas emprendedoras, autónomos e pemes do sector turístico nel abordaremos cómo configurar e sacar partido desta ferramenta para o noso aluguer vacacional.

Contidos:  
1. Introdución
2. Funcionalidades e configuración.
3. Boas prácticas para aloxamentos.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Url do Evento: https://forms.gle/PQK171enc8yFiMsE7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse