Evento
Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest
Data Inicio: | 08/06/2023 12:00 | ||
Data Fin: | 08/06/2023 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Obradoiro no que coñeceremos en profundidade Pinterest, unha rede social na que a imaxe o é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Aprenderemos a sacarlle o máximo partido e como implementala na nosa estratexia de social media. Índice de contidos: • Introdución • Como crear unha conta en Pinterest • Primeiros pasos • Taboleiros • Que é e como se engade un pin? • Pinterest para negocios • Recomendacións O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/RW8iM8C3WNeTwyNz8 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse