Evento
Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos
Data Inicio: | 19/04/2023 18:00 | ||
Data Fin: | 19/04/2023 19:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes. Índice Contidos 1. Introdución e Conceptos Básicos SEO. 2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia. 3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/BEpD2Q6SfJdcH4HYA |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse