Evento
Vídeo márketing II – Animacións e gifs feitas con fotografía de produto.
Data Inicio: | 27/02/2023 18:00 | ||
Data Fin: | 27/02/2023 19:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis viral que calquera outro contido. É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais. VÍDEO MARKETING II – Animacións e gifs feitas con fotografía de produto. En ocasións temos fotografías de produto sinxelas e que mostran o produto sen máis, engadir algún efecto, gif, ou animación dálle ao noso contido un efecto diferente e poténciao, aprenderás a facer este tipo de animacións con ferramentas sinxelas. 1. Tipos de vídeos ou gifs a realizar. 2. Preparación de recursos gráficos (recorte de elementos, fotos e logo). 3. Animación e gifs con canva. 4. (Outras apps ou programas para gifs ou animacións). O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/m496tR6HkRury58d6 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse