Evento
Reorientación de negocios freelance que se atopen estancados
Data Inicio: | 07/02/2023 17:00 | ||
Data Fin: | 07/02/2023 19:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. A través da reorientación de negocios aportamos solucións de reorientación profesional ou reinvención do negocio, tendo en conta a demanda do mercado. Analizamos qué propiciou o estancamento, cómo xestionar o cambio ou reinvención, a falta de apoios e as emocións que se xeran en dito proceso. Índice: - Cando tomar a decisión de cambio; pararse a pensar - Reorientación profesional e/ou de negocio - Cualidades fundamentais do avance; capacidade de anticipación, reacción, creatividade, flexibilidade e versatilidade - Por onde empezo: factores internos e externos. Que propiciou o estancamento ou decadencia - Como xestionar as emocións negativas e positivas ademáis da posible falta de apoios - Análise de situación, de recursos, e de necesidades - Cambio de rumbo ou reinvención Isabel Rodríguez, consultora e coach empresarial, con 15 anos de experiencia, especializada na sustentabilidade de negocios, facéndoos rendibles a longo prazo a través das análisis económicas, da organización interna para unha xestión eficaz da actividade e da comunicación efectiva. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/bWcT6YuCsgDgzS7c9 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse