Evento
Blockchain, metaverso
| Data Inicio: | 02/02/2023 11:00 | ||
| Data Fin: | 02/02/2023 12:30 | Duración: | 1:30 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
| Tipo de Evento: | Eventos TIC | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Iniciamos unha serie de catro obradoiros informativos sobre temas de máxima actualidade, todos teñen en común a tecnoloxía pola cal é posible que existan, a blockchain. No primeiro destes obradoiros veremos en que consiste a tecnoloxía blockchain e como grazas a ela estamos ante o que se chama o internet do valor; unha forma de transmitir valor a través da rede. No segundo obradoiro abordaremos o tema das criptomonedas, por que xorden e que podemos facer con elas, minado, trading, etc... No terceiro desta serie de obradoiros falaremos da identidade dixital, en concreto do proxecto de identidade dixital da unión europea e como afecta isto directamente á xestión dos nosos datos. Falaremos tamén dos NFT, tentaremos achegar algo de luz sobre este tema, que son e para que serven. Por último, no cuarto obradoiro abordaremos o tema do Metaverso, como intuímos que será, para que vai servir, estado actual de desenvolvemento e ademais visitaremos algún destes metaversos. Índice: 1- Precedentes do Metaverso 2- Que é o Metaverso? 3- Tecnoloxías implicadas 4- Modelos de Metaversos 5- SandBox e Next Earth O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/aQAXx59WE6BB8EPT9 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Decembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
- A evolución dos pagos dixitais: Bizum, presente e futuro no eCommerce15 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade IV - redes: protexe os datos da túa empresa16 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Edita vídeo con Canva: nova interfaz de proba17 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade V - usuarios: protexe os teus sistemas18 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Transforma o teu negocio en “Pedidos por WhatsApp”19 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade VI - contas en liña: mantenas a salvo22 de decembro de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento