Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro práctico aprenderás, paso a paso, como blindar o teu negocio fronte a riscos relacionados coa protección de datos. Comezaremos cun resumo rápido, traballaremos co Checklist SmartPeme para avaliar que puntos tes “en verde” e cales “en vermello”, resolveremos dúbidas nun espazo aberto e realizaremos un simulacro práctico: que facer se recibes unha solicitude de acceso a datos dun ex-empregado? Finalmente, definiremos a folla de ruta que debes seguir para garantir o cumprimento normativo e a seguridade da túa empresa.

Índice de contidos:
1. Resumo dos conceptos clave
2. Checklist SmartPeme
3. Espazo para dúbidas
4. Simulacro práctico
5. Folla de ruta final

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Desenvolvemento Industrial Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.	

Calendario eventos

« Febreiro 2026 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento