Evento
Como traballar a base de clientes e reservas do teu aloxamento con Excel
| Data Inicio: | 11/01/2023 17:30 | ||
| Data Fin: | 11/01/2023 19:30 | Duración: | 2:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro presencial no Salón de Plenos do Concello de Moaña. Aprende como crear e traballar a túa base de clientes con Excel para segmentar a túa clientela e establecer estratexias e medidas para tentar fidelizar aos seus clientes e que repitan para o próximo ano. A través deste obradoiro presencial de 2 horas aprenderemos a exportar e recompilar todos os datos dos teus clientes nun Excel para logo poder traballar sobre datos e realizar campañas e ofertas con éxito. Ademais, veremos ideas para captar reservas directas sen pagar comisións. Índice de contido: 1. Que é a Fidelización no sector turístico? 2. Requisitos e condicións para fidelizar 3. Estratexias para fidelizar á túa clientela 4. Segmentación de clientes 5. Crear e Exportar os teus datos a Excel IMPORTANTE: asistir co teu computador persoal é conveniente para traballar sobre os datos do teu aloxamento. Necesitarás as claves das plataformas/programas que usas para alugar. O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/byWGUnFwRXNhWKrMA | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Agosto 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | ||||||
Non hai eventos
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento