Evento
Redes sociais para establecementos turísticos
Data Inicio: | 20/12/2022 11:00 | ||
Data Fin: | 20/12/2022 12:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Se tes un establecemento turístico, sexa un aloxamento ou un restaurante, poderás descubrir a través deste obradoiro cales son as vantaxes e inconvenientes de usar as redes sociais como estratexia para captar clientes para o teu negocio. Falaremos de como e cando debemos usar cada unha das redes sociais segundo o teu público obxectivo. Índice: 1. Vantaxes e inconvenientes das Redes Sociais 2. Fases de compra do turista dixital 3. Cando usar cada rede social 4. Como usar cada rede social 5. Outras redes sociais turísticas (tripadvisor, minube, foursquare...) O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/FBHh8YJj3wDkiDQh8 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse