Evento
Primeiros pasos con Google Analytics 4
Data Inicio: | 13/12/2022 12:00 | ||
Data Fin: | 13/12/2022 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Google Analytics evolucionou. O modo no que Google recompila a información dos usuarios que acceden á nosa web e o modo no que nola mostra para a súa análise, cambiou para sempre. Esta evolución materialízase nunha nova ferramenta: Google Analytics 4. Este obradoiros realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta, fundamental para calquera sitio web. Poñeranse de manifesto as diferenzas co actual Google Analytics (Universal), veremos como configurala e como comezar a sacarlle partido, de modo que nos axude na toma de decisións do noso negocio. Índice: 1. Google Analytics: Comparativa de versións 2. Crear propiedade de Google Analytics 4 3. Interface, informes e configuracións recomendadas 4. Comprende aos visitantes da túa web O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/JUx2JiU9TVqujRVZ7 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse