Evento
Ponteareas - Ven a descubrir que son e para que sirven as redes sociais
Data Inicio: | 05/05/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 05/05/2017 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | Temática: | Publicidade, marketing on line e redes sociais |
Tipo de Solución: | Portais e Xestión de Contidos (ECM/CMS) | ||
"Este obradoiro informativo está orientado a autónomos e micropemes, co obxectivo de que coñezan mellor a importancia das redes sociais e de como poden mellorar o seu negocio, xa que estas son unha canle de comunicación que serve para proxectar unha imaxe positiva e próxima da nosa marca, produtos ou servizos e permiten establecer relacións e sinerxías con provedores, clientes e, por que non, coa competencia, ademais de ofrecer outras moitas vantaxes, que tamén se tratarán aquí. Índice de contidos • As redes sociais • Usando as redes sociais: Facebook, Twitter, Google My Business, Youtube, Linkedin. • Creando o seu propio blog • Traballando con RRSS O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores." |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse