Optimiza a túa estratexia de email márketing con Benchmark Email

Data Inicio:  07/07/2022 12:00    
Data Fin:  07/07/2022 13:30 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

Entender as relacións cos teus clientes é relevante, especialmente no mundo dixital.
Este obradiro ten como obxectivo ver o uso adecuado do email márketing á hora de promocionar os nosos produtos e/o servizos, e xerar achega de valor aos nosos contidos.
Introdución aos conceptos básicos do email márketing, a terminoloxía e as vantaxes da utilización dun software profesional. 
Ademais de entender as funcionalidades dos principais servizos de email márketing, aprenderemos a implantar a versión gratuíta de Benchmark Email.
Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado das mesmas.

Contido
•	Introdución ao e-mail Márketing.
•	Como deseñar unha estratexia de e-mail Márketing
•	Deseño en e-mail Márketing
•	Ferramentas
•	Recomendacións para crear campañas perfectas
•	Crea unha conta gratuíta en Benchmark Email
•	Crea unha campaña de email
•	Contidos: estrutura e persoais
•	Audiencia: público obxectivo
•	Informes

Nivel: Iniciación

O taller será impartido por José Luis Taboada, Enxeñeiro Informático con máis de 30 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Url do Evento: https://forms.gle/hhG91XUzui7huaV16
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse