Ferramentas de Google para axudar ao teu negocio

Data Inicio:  29/07/2022 12:00    
Data Fin:  29/07/2022 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Tanto se estás nunha fase de emprendemento, coma se xa tes un negocio consolidado, Google conta cunha ampla variedade de ferramentas que poden axudarche a ser máis eficiente e conseguir os teus obxectivos. Se estás a pensar unicamente nas ferramentas de Google máis populares, como Gmail ou Google Drive, e que xa utilizas na túa día a día, este obradiro sorprenderache: descubriremos ferramentas e funcionalidades das devanditas ferramentas moi prácticas e que non son tan coñecidas. 

Índice:
- Por que Google?
- Ferramentas de inspiración 
- Ferramentas Google de investigación
- Ferramentas Google de produtividade
- Ferramentas Google para sitios web e tendas en liña

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Url do Evento: https://forms.gle/g2eddmffnUtgSzodA
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Xuño 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento