Ponteareas - Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais

Data Inicio:  18/01/2017 19:00    
Data Fin:  18/01/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Publicidade, marketing on line e redes sociais
 
Tipo de Solución:  Portais e Xestión de Contidos (ECM/CMS)
 
   
 
Obxectivos:
Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles.

Serán capaces de conseguir aumentar seguidores ou fans nos seus propios perfís profesionais.

Contidos:
•	Importancia dunha imaxe de marca en internet
•	Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións)
•	Introdución ás redes sociais.
•	Técnicas especializadas para aumentar seguidores
•	Imaxe e reputación en internet
•	Ferramentas do día a día
•	Publicidade en redes sociais

O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Xuño 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30