Evento
Vigo - Sácalle partido á túa conta de Gmail
Data Inicio: | 12/12/2016 19:00 | ||
Data Fin: | 12/12/2016 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | Temática: | Correo electrónico e comunicacións web |
Obxectivos: Neste obradoiro aprenderemos a sacarlle moito máis partido á nosa conta de Google, xa que non só é unha conta de correo baixo o dominio gmail.com, senón que desde a versión web de Gmail se poden xestionar todas as contas de correo que queiramos, incluso as corporativas da nosa organización. Ademais, esta ferramenta pode ser a nosa base de datos de clientes, xa que dispón dunha axenda de contactos moi áxil e robusta. Todo isto está accesible a través da nube, desde calquera parte e en calquera momento. Contidos: • A miña conta de correo de Gmail • Versión web de Gmail como xestor de contas de correo electrónico. Configuración para recibir e enviar correos desde as contas que queira • Xestionar os meus correos electrónicos de empresa • Configurar as miñas firmas corporativas nos correos • Axenda de contactos que facilita a comunicación con provedores e clientes • Configuración de contas en iOS e Android Relator: o obradoiro será impartido por Andrés Carrera, Inxeneiro Informático pola Universidade de Alcalá. Analista con máis de oito anos de experiencia no deseño, desenrolo e implementación de solucións software para empresas. Especialista en Aseguramento de Calidade do Software. É asesor TIC do SmartPeme de Vigo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse