Evento
Crea a túa tenda en liña con Prestashop II: personaliza a túa tenda
Data Inicio: | 23/06/2021 18:00 | ||
Data Fin: | 23/06/2021 19:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Prestashop é un Sistema de xestión de contidos (CMS) libre e de código aberto, pensado para construír desde cero tendas en liña de comercio electrónico, para pequenas empresas ou grandes corporacións. O obxectivo destes talleres é falar sobre o e- commerce e instalar a nosa tenda de Prestashop, coñecela, cargar produtos, actualizala, adaptándoa ás necesidades do negocio. Parte II: • Coñece a túa tenda con Prestashop • Adapta a túa tenda en liña • Venda e Xestión de clientes O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/gtZzeXcYfJ8ojF9U7 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse