Pontevedra - Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesioanais

Data Inicio:  11/10/2016 19:00    
Data Fin:  11/10/2016 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra
 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Comercio electrónico (B2B e B2C)
 
Tipo de Solución:  Ofimática e Utilidades
 
   
 
Obxectivo:

Este obradoiro está deseñado para aqueles que buscan explorar unha nova forma de deseñar sen ter coñecementos no uso de ferramentas de deseño profesional, familiarizándonos coa terminoloxía de deseño e empregando unha novidosa ferramenta en liña para acadar imaxes abraiantes para as redes sociais ou calquera outro medio.

Contido: 
- Principios esenciais de deseño para crear composicións fermosas e eficaces
- Termos máis usados no deseño gráfico
- Aprende facilmente a elixir as fontes que fan fincapé na mensaxe.
- Construír relacións significativas de cor para crear gráficos visibelmente impresionantes.
- Utilizar ferramentas simples para compoñer e mellorar as súas imaxes para un maior impacto visual.
- Aprende a crear fondos fortes que axudarán a darlle brillo ós seus deseños.
- Aprender a utilizar formas e iconas versátiles para crear un estilo visual nos seus deseños.
- Mostrámoste como construír un kit de marca (imaxe corporativa)
- Uso da ferramenta de deseño en liña (canva.com)

Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online. É asesor do punto SmartPeme de Pontevedra
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse