Evento
Comercialización en liña de experiencias gastronómicas
Data Inicio: | 13/01/2021 11:00 | ||
Data Fin: | 13/01/2021 12:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. As viaxes e escapadas na actualidade poñen o foco en lugares cercanos e a gastronomía é un elemento fundamental de atracción en Rías Baixas. A oferta gastronómica ten un papel clave na imaxe, o posicionamento e competitividade dos destinos turísticos. Sen dúbida o sector gastronómico ten experimentado un gran crecemento nos últimos anos e hoxe en día a gastronomía está ao alcance de calquera que desexe vivir unha experiencia gastronómica. Isto fai que a competencia sexa moi elevada nun contexto de baixada do consumo e permanecer na mente dos consumidores non é unha tarefa fácil. Para iso faise imprescindible a creación dunha verdadeira experiencia gastronómica capaz de atraer á clientela e internet facilítanos múltiples canles para promocionar e comercializar esta oferta. Contidos: Introdución Apps e directorios Portales online para a venda de experiencias gastronómicas. Portales de compra colectiva, bonos e cofres regalo Chef e restaurante a domicilio. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/LwCew16i3nsrmd796 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse