Evento
Promociona o teu negocio con Google My Business
Data Inicio: | 17/12/2020 12:00 | ||
Data Fin: | 17/12/2020 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom O obxectivo deste taller é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
Url do Evento: | https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfT_tsusWemTIvacW4TaxYbPoXRpaZTMRzZUzqoaVusy0OM8A/viewform?usp=sf_link |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse