Evento
Infoprodutos: que son e como crealos
Data Inicio: | 03/12/2020 12:00 | ||
Data Fin: | 03/12/2020 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom Os infoprodutos son un negocio máis para moitos profesionais que deciden compartir os seus coñecementos e gañar diñeiro con eles. Neste obradoiro coñecerás que son os infoprodutos e como che poden axudar a crear un negocio que se xestiona de maneira automática. Aprenderemos os tipos de infoprodutos que existen actualmente no mercado en liña e cómo elaboralo seguindo uns pasos básicos que nos indicarán o seu éxito. ÍNDICE 1. Que son os infoprodutos 2. Tipos de infoprodutos 3. Pasos básicos para crear un infoproduto O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
Url do Evento: | https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeXJ7sml8iXEDSb2evnbOVupJT621KlccLtc-FTrzEW2nWwyw/viewform?usp=sf_link |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse