Evento
Potencia a túa marca con Twitter
Data Inicio: | 29/09/2020 12:00 | ||
Data Fin: | 29/09/2020 13:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Un informe do 2019 de Statista viña a confirmar que máis do 75% das empresas e negocios B2B están presentes en Twitter e o seu uso principal é para realizar tarefas de márketing. Este feito significa que Twitter supera a YouTube, Instagram, Pinterest e Snapchat. Pero, debería estar nesta rede social de microblogging? Esta rede social pódeche axudar a conseguir novos clientes, fidelizar e acadar maior tráfico cara a túa web. Neste obradoiro veremos como mellorar e optimizar o noso perfil empresarial: mellorar a biografía do perfil, como responder aos tweets ou mención, que contido xerar e compartir, consellos… O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
Url do Evento: | https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfb4SpsI4UCnDW7LqLsC0aDO6ldAZ-g30jMTpMS8TIDghX2Kw/viewform?usp=sf_link |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse