Evento
Lalín- Cámara réflex: aprende a utilizar o modo manual en fotografía
Data Inicio: | 21/01/2020 17:00 | ||
Data Fin: | 21/01/2020 19:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro aprenderemos a utilizar unha cámara réflex no seu modo manual, sacarlle o maior rendemento dependendo da luz externa que teñamos ou que podamos conseguir no momento de fotografar. Coñecementos básicos para comezar coa nosa cámara, poderás traer a túa propia cámara para probar diferentes modos, os parámetros e facer probas no momento de realizar o taller. Levar cámara réflex, se posúen unha, para realizar algunha práctica que poida xurdir no taller. ÍNDICE 1. Partes dunha cámara réflex. 2. Exposición e fotómetro da cámara. 3. Parámetros manuais da cámara. 4. Modos principais e as súas funcións: P-A- S-M. 5. Opcións do obxectivo: ZOOM, AF – MF. 6. Obxectivos e as súas especificacións. 7. Resultados segundo a luz exterior. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse