Pontevedra - Linkedin: túa rede de networking

Data Inicio:  22/04/2016 19:00    
Data Fin:  22/04/2016 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
	Obxectivo:
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. 
Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible.

Contido:
1.	Introdución a LinkedIn
2.	Como funciona LinkedIn
3.	Optimización de perfil
4.	Xeración de rede de contactos
5.	Creación de páxina de empresas
6.	Recomendacións finais

Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online. É asesor do Centro Provincial de Asesoramiento Empresarial 2.0 de Pontevedra.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse