Evento
Cambados- Como promocionar o teu propio evento en redes sociais
Data Inicio: | 17/12/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 17/12/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Con este taller coñecerás as pautas de como se planifica un evento en redes sociais e cales son os aspectos que debes ter en conta para organizalo, as accións que debes realizar na produción e na post-produción para promocionar o evento e que sexa todo un éxito. Os eventos son unha gran ferramenta de comunicación para o teu negocio xa que potencias a túa imaxe, fidelizas e captas novos clientes. Para facer unha promoción perfecta do teu evento -sexa cal for-, existen tres etapas fundamentais, as cales teñen o seu lugar nas redes sociais. Índice de contidos: • Factores a ter en conta antes de organizar un evento (Tipos de evento, público obxectivo, creatividade, programa do evento, etc) • Fase de pre-evento en redes sociais: planificación e preparación • Acciones durante o evento (creación de hashtag, como usar Facebook Live, Periscope ou Stories) •Accións post-evento (Agradecementos, monitoraxe de hashtag, reporte de actividade online O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse