Evento
Barro- Robótica con APP Inventor II
Data Inicio: | 12/09/2019 17:00 | ||
Data Fin: | 12/09/2019 21:00 | Duración: | 4:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O obxectivo deste taller a introdución na creación de Aplicacións para dispositivos Android desde o punto de vista da robótica. Crearemos unha APP que sexa capaz de comunicarse bidireccionalmente coa placa Arduino, será capaz de enviar e recibir datos en tempo real; para iso, deseñaremos unha APP para controlar un robot con sensores de ultrasóns, debe funcionar en modo manual e automático á vez que mostrará a lectura do sensor en pantalla. O soft empregado para crear a APP é App Inventor e o soft para programar a placa Bitbloq. Aínda que con App Inventor partimos desde 0, se é necesario ter coñecementos previos de programación con Arduino ou estar familiarizado coa contorna de programación de Bitbloq. É recomendable traer o seu propio portátil e un dispositivo (móbil ou Tablet) Android. IO non vale. Tambien é necesario ter unha conta de GOOGLE. Contido: 1- Conexión Bluetooth con App Inventor 2- Programación de App para mover un robot, avanzar e retroceder 2.1- Bitbloq programación básica 2.2- App inventor programación avanzar e retroceder 2.3- Melloras da interface gráfica 3- Engadindo xiros á APP, dereita e esquerda 3.1 - Bitbloq, programando con funcións e engadindo xiros 3.2- App Inventor, engadindo os xiros O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Así funciona WhatsApp Business20 de xuño de 2024 11:00Máis información
- Social Media Listening: descobre que se di de ti nas RRSS25 de xuño de 2024 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento