Evento
O Porriño- Experiencias SmartPeme: Grupo Drongal
Data Inicio: | 24/09/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 24/09/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obxectivo da xornada: - Encontro E2e (de Empresario a emprendedor) e E2E (Empresario a Empresario) , onde achegaremos a empresas consolidadas e empresas start- up, coa intención de que se coñezan e poidan intercambiar experiencias e establecer relacións profesionais. - Identificar o valor que achegamos aos nosos clientes e que nos diferencia da competencia, así como ter claros os nosos obxectivos e establecer estratexias para poder alcanzalos. Contido: Non conseguimos o que queremos porque non sabemos o que queremos. Aprender a ter claras nosas metas, a fixarnos obxectivos, axudaranos a estar enfocados e poñerase en marcha no noso modelo de negocio unha perspectiva realista e obxectiva da nosa realidade empresarial. Non planificar é planificar o fracaso. Presentamos unha proposta de valor a través dun caso de éxito de "Grupo Drongal" a cargo de Ángeles Paz, Santiago Novás y Efraím Romero de Grupo Drongal |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse