Ponteareas - Almacenaxe na nube: Dropbox e Google Drive

Data Inicio:  23/01/2016 11:00    
Data Fin:  23/01/2016 13:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Administración electrónica
 
Tipo de Solución:  Xestión Documental (DMS)
 
   
 
Obxectivos:
Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados.

Contidos:
•	A nube: concepto e analoxías
•	Por que almacenar na nube?
•	Vantaxes e desvantaxes
•	Dropbox
•	Vinculación de conta
•	Google Drive

Relator: o obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse