Evento
Vigo - Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping
Data Inicio: | 23/05/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 23/05/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este taller vai dirixido a pemes e autónomos que se dediquen á venda directa de produto (comerciantes polo miúdo) e que conten cunha tenda online. As campañas de Google Shopping permiten promocionar produtos directamente no buscador Google, ofrecendo aos usuarios información detallada sobre o que se vende antes de que fagan clic no anuncio. Contidos - Que é Google Shopping - Requisitos para anunciarse - Políticas de anuncios de Shopping - Configuración dunha conta en Google Merchant Center - Crear un feed de produtos correcto - Crear unha campaña de Shopping con grupos de produtos Nivel: Iniciación (É preciso ter tenda en liña) O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse