Evento
Lalín - Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio
Data Inicio: | 23/05/2019 18:00 | ||
Data Fin: | 23/05/2019 21:00 | Duración: | 3:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real. Contido: 1. Que é Google Data Studio? 2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio 3. Coñecendo o editor de Google Data Studio 4. Crear informes a partir dun persoal 5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF 6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse