Evento
Vigo - Márketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva
Data Inicio: | 17/01/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 17/01/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Na actualidade, dado o gran número de competidores grazas á globalización e accesibilidade que permite internet, as empresas necesitan chegar ao consumidor dunha maneira intelixente e emotiva para diferenciarse do resto. O Márketing de contidos busca atraer e reter aos clientes potenciais ofrecéndolles contido interesante e valioso co que sentan identificados e xeren unha empatía cara á marca. O taller céntrase nos aspectos que se deben ter en conta para postear nun horario adecuado ao cliente, ver de que maneira hai que dirixirse a el ou coidar os detalles de cada publicación para lograr a maior taxa de engagement posible. Índice de contidos: Que é o márketing de contidos? Vantaxes de realizar unha estratexia baseada no márketing de contidos Formatos e horarios óptimos A importancia de ter un timming mensual Conclusións O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse