Evento
O Porriño - A clave do márketing en liña: Segmentación e clientes ideais
Data Inicio: | 11/12/2018 18:00 | ||
Data Fin: | 11/12/2018 20:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
A través deste obradoiro, o que se busca é mellorar o coñecemento dos usuarios sobre os conceptos de segmentación así como do " buyer persoa" ou cliente ideal. Tamén, preténdese que os asistentes, emprendedores ou pequenos empresarios, potencien a utilización da segmentación como estratexia de márketing, axudándolles, ademais, con exemplos reais. Índice de contidos: 1. Segmentación: - Conceptos básicos. - Obxectivos - Como segmentamos? 2. Buyer persoa ou cliente ideal - Que é? - Para que serve? - Como se localizan? - "Buyer Journey" O obradoiro será impartido por Diego Fraga Casariego, Enxeñeiro electrónico pola Universidade de Vigo e con experiencia en aspectos relacionados coa xestión de proxectos, equipos e márketing online ademais de desenvolvemento web. Na actualidade, desempeña o cargo de director técnico e márketing strategist en Tamarino. web & márketing. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse