Evento
Ponteareas - Linkedin: a túa rede de networking
Data Inicio: | 13/11/2018 17:00 | ||
Data Fin: | 13/11/2018 19:30 | Duración: | 2:30 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional. Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este obradoiro ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible. O obradoiro impartirase na sede da Asociación de Empresas de Mós (AEMOS) Índice de contidos: • Introdución a LinkedIn • Como funciona LinkedIn • Optimización de perfil • Xeración de rede de contactos • Creación de páxina de empresas • Recomendacións finais O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse