Evento
Ponteareas - Facebook para promocionar o teu negocio turístico
Data Inicio: | 18/10/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 18/10/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Facebook é unha importante ferramenta de comunicación directa cos clientes potenciais e clientes. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia coa túa marca unha vez acabasen a súa viaxe, o que che permitirá acceder a máis segmento de mercado. Grazas á cantidade de información que ten dos seus usuarios, Facebook permite ás empresas turísticas dispoñer de información valiosa sobre os intereses e preferencias dos viaxeiros e mesmo dos lugares aos que viaxaron. Índice de contidos: - Introdución. - Guía rápida de creación da túa conta en Facebook para empresas. - Estratexias de márketing para aumentar a túa visibilidade. - Publicidade en Facebook: Facebook ads e “Suxestións de Viaxe”. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse