Evento
Barro - Ciberseguridade, protexe a túa privacidade en liña
Data Inicio: | 12/07/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 12/07/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Identidade dixital corporativa, reputación online, suplantación de identidade, phishing, pharming, cybersquatting, typosquatting, DDoS, fuga de información, etc., etc. Estas son só algunhas das ameazas que nos axexan na internet. Hoxe en día é necesario ser moi consciente destas ameazas, saber recoñecelas, evitalas e protexerse delas. Índice de contidos: 1.- Por que os ciberataques son exitosos? 2.- Como se ataca? 3.- Algúns perigos. 4.- O esquema nacional de Seguridade Cibernética. 5.- Como protexer a miña empresa? O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse