Evento
Ponteareas - Seguridade informática: conceptos básicos
Data Inicio: | 05/06/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 05/06/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O obxectivo deste taller e proporcionar a autónomos emprendedores e pequenas empresas guías e solucións para que poidan mellorar significativamente a seguridade dos seus equipos informáticos dándolles un uso adecuado. O taller esta orientado a empleados de pequenas empresas, emprendedores e autónomos con coñecementos básicos de informática, coa intención de fomentar unha cultura de Seguridade Informática adecuada. Índice de contidos 1º Seguridade informática • Principios da seguridade informática: confidencialidade, integridade e dispoñibilidade • Protección de usuarios equipos e datos • Copias de seguridade: estratexias e planificación • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas 2º Seguridade na rede • Que é un hacker? Tipos de hackers que debes coñecer • Perigos na rede: Tipos de malware infeccioso, malware oculto e malware para obter beneficio • Correos electrónicos: problemáticas e perigos • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas 3º Seguridade nas comunicacións • Identidades na rede • Autenticación, claves e contrasinais • Perigos nas comunicacións: redes sociais, chats, cámara web, fotografías • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse