Evento
Barro-Meis - CRM, o cliente como centro da estratexia de negocio. Módulo I
Data Inicio: | 11/05/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 11/05/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de amosar os beneficios que reporta contar cunha ferramenta CRM como parte fundamental dunha estratexia de vendas. A xestión da relación cos clientes ( CRM) ofrece múltiples beneficios ás organizacións, permitíndolles xestionar o seu compromiso continuo e a interacción con clientes, clientes potenciais e socios estratéxicos. Índice de contidos • Introdución • Concepto de CRM • Características • Obxectivos • Evolución • Tipos de CRM • Futuro • Arquitectura • Exemplo de CRM • Conclusión O obradoiro será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levando mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse