Evento
Vigo - Seguridade informática: conceptos básicos
Data Inicio: | 04/05/2018 17:00 | ||
Data Fin: | 04/05/2018 19:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O obxectivo deste taller e proporcionar a autónomos emprendedores e pequenas empresas guías e solucións para que poidan mellorar significativamente a seguridade dos seus equipos informáticos dándolles un uso adecuado. O taller esta orientado a empleados de pequenas empresas, emprendedores e autónomos con coñecementos básicos de informática, coa intención de fomentar unha cultura de Seguridade Informática adecuada. Índice de contidos 1º Seguridade informática • Principios da seguridade informática: confidencialidade, integridade e dispoñibilidade • Protección de usuarios equipos e datos • Copias de seguridade: estratexias e planificación • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas 2º Seguridade na rede • Que é un hacker? Tipos de hackers que debes coñecer • Perigos na rede: Tipos de malware infeccioso, malware oculto e malware para obter beneficio • Correos electrónicos: problemáticas e perigos • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas 3º Seguridade nas comunicacións • Identidades na rede • Autenticación, claves e contrasinais • Perigos nas comunicacións: redes sociais, chats, cámara web, fotografías • Boas practicas e consellos • Caixa de ferramentas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse